CD BarcoCD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

Manolo Pérez: “Fomos capaces de ter paixón, pero non foi suficiente para recortar distancias”

O adestrador do CD Barco facía balance da actuación do equipo tras o encontro contra o Compostela en Balaídos

O adestrador do CD Barco, Manolo Pérez, durante o partido co Compostela.

 

Saía ao céspede “con vontade” e no primeiro tramo do partido o CD Barco sentíase cómodo, pero, despois “houbo un parón e pausas que cortáronos o ritmo o que permitiu que o Compostela, cos cambios, estirase un pouco e estivese un chisco máis cómodo”. Así o relataba na rolda de prensa posterior ao encontro o adestrador do conxunto barquense, Manolo Pérez.

Ademais engadía que “na última tanda de cambios, xogamos outra vez en campo contrario a apretar e tivemos outro arreón e, aínda que fomos capaces de xerar paixón, non foi o suficiente como para recortar distancias”. O que concluía co 3-1 no marcador final a favor do Compostela.

 

 

O adestrador barquense tamén resaltaba que, pese á presión do Compostela, o equipo non tirou a toalla. “Todo o contrario. Xa na primeira parte conseguímolo, pero lamentablemente aínda que recortamos antes do descanso foi imposible chegar a facerlles dano”, indicaba. Ademais, Manolo Pérez incidía en que “tivemos mala sorte no tramo inicial do partido e iso deixounos con menos opcións, pero non creo que o equipo dese unha mala imaxe”.

A valoración de Ivi Vales e David Álvarez

Tamén comparecían ante a prensa os xogadores vermellos Ivi Vales e David Álvarez. Así Vales comentaba que sabían como era o rival co que se enfrontaban e que “debemos estar contentos, pese a perder, co partido que fixemos co Compostela”.

 

 

De maneira semellante manifestábase David Álvarez, quen consideraba que o CD Barco fixo “un bo partido” e que o resultado máis xusto debería ter sido un empate. “Levámonos dous mazazos moi seguidos na primeira parte, pero ao final repuxémonos, o equipo non se veu abaixo e loitou”, aseguraba.

Fotos e vídeos: RFGF.

Máis información e fotos:
https://www.osil.info/o-cd-barco-quedase-as-portas-do-sono-de-ascenso-a-segunda-b/

Artigos relacionados

Back to top button
Close