CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Manquiña conquisa ao público cos seus “Relatos Negros” na Rúa

A actuación do actor galego tiña lugar na tarde do 1 de novembro no Centro Cultural Avenida

 

Cunha obra do cineasta e produtor Darío Autrán, ao longo de 60 minutos Manuel Manquiña enfrontábase na tarde do 1 de novembro a un público que practicamente enchía o patio de butacas do Centro Cultural Avenida.

O actor vigués é hoxe un dos rostros máis populares da escena galega. Moi coñecido polo seus traballos no cine e na televisión, pertence á xeración dos pioneiros do teatro galego e é lembrado polos seus papeis en obras como HamletDías sen gloria ou A función do tequila, sen esquecer o popular Airbag. Ademais, co seu traballo como monologuista mantén unha permanente conexión co público de todas as idades.

 

Manquiña nun momento da actuación no CCA da Rúa.

 

Na Rúa facíao con Relatos Negros, unha comedia teatral sobre unha das fascinacións máis antigas do home: o asasinato. Todo un mundo ten unha afección, algo co que encher o tempo de lecer: a uns gústalles xogar ao golf, a outros ler, outros coleccionar selos, a outros facer deporte,… Pero a Manquiña o que lle gusta é coleccionar historias sobre crimes.

A través do universo escuro, macabro e de humor negro de Roald Dahl, o actor, que amosou unha faceta pouco coñecida, levou ao público por pola senda de tres historias fascinantes e moi difíciles de esquecer que se desenvolven en diferentes lugares e en diferentes épocas. Asasinatos a “seres queridos”, crimes levados a cabo por mulleres,…

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button