ConcellosEn portadaÚltima hora

Mantéñense en 46 os casos activos de Covid en Valdeorras

O Barco ten 22, Carballeda 17, A Rúa 4 e Rubiá 3

Panorámica do Barco./ Foto: A.R.

 

Trala suba da curva do coronavirus en Valdeorras rexistrada onte, a xornada deste xoves 15 de abril preséntase estable, manténdose en 46 o total de positivos contabilizados, segundo os datos comunicados polo Sergas.

No caso do Barco mantéñense os 22 casos activos cunha incidencia acumulada para este concello entre >125 e ≤ 250 tanto a 7 como a 14 días, segundo a Consellería de Sanidade.

Carballeda de Valdeorras mantén tamén o número de casos de onte, é dicir 17, cunha incidencia a 14 de días de máis de 500, mentres que é de menos de 250 nos últimos 7 días, segundo a Consellería de Sanidade.

A Rúa mantén 4 casos activos (incidencia acumulada a 7 días de >25 e ≤75 e a 14 días de >50 e ≤150; e Rubiá 3 (incidencia acumulada de máis de 150 e  menos de 250 tanto a 7 como a 14 días).

Artigos relacionados

Back to top button