ConcellosÚltima hora

Mantense a cifra de positivos nos centros educativos de Valdeorras e de Viana

 

Nesta xornada de 23 de outubro mantéñense as cifras de casos activos de Covid nos centros de ensino da comarca de Valdeorras, un total de 12, e tamén de Viana.

Así, no caso do Barco, a Escola Infantil Los Juglares ten 3 positivos, o IES Lauro Olmo do Barco ten 1, o IES Martaguisela 2, o Colexio Divina Pastora 1 e o CEIP Otero Pedrayo de Viloira 2.

Tamén se manteñen as cifras no IES Cosme López da Rúa segue cun positivo e no CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín con outro. Ademais continúa con un o CEIP do Bolo.

Finalmente, o IES Carlos Casares de Viana do Bolo mantén 2 positivos.

 

Artigos relacionados

Back to top button