Galerías de fotosÚltima hora

Manualidades e contacontos para celebrar o Samaín na Biblioteca de Verín

Unha vintena de nenos de entre os 3 e 9 anos participaban na tarde do 26 de outubro na Biblioteca Municipal de Verín nunha actividade de manualidades cuxa temática era o Samaín. Nela botaban man de moita imaxinación e tamén de materiais reciclados. Despois tiña lugar un contacontos. Deste xeito vén celebrarse esta tradición na Biblioteca de Verín, na que os días 29 e 30 tamén se impartían dous obradoiros de cabazas.

Fotos: Biblioteca de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button