CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Manualidades, xinkanas deportivas e moitas sorpresas, no campamento de Nadal de Vilamartín

Unha quincena de cativos asisten ao Vilanadal 21 no pavillón municipal do Bañadoiro

 

Chegou a dubidarse sobre a súa celebración, debido á situación sanitaria, pero finalmente e seguindo un estrito protocolo anticovid, na mañá do mércores 22 de decembro arrincaba o campamento de Nadal de Vilamartín de Valdeorras, Vilanadal 21.

Unha edición na que participan en torno a uns 15 rapaces e que inclúe talleres de manualidades, xogos populares, xinkanas deportivas, escape room, un castelo inchable, un scalextric dixital xigante, batallas Láser X e mesmo a visita de Papá Noel.

Tal como explican os monitores, a primeira parte da mañá “cando están máis relaxados” adícana ás manualidades, facendo entre outras cousas adornos de Nadal, tal como pode verse na galería de imaxes. A segunda parte pásana xogando.

O campamento comezaba onte e continúa hoxe e mañá. Na vindeira semana, desenvolverase do 27 ao 31 de decemebro e xa no vindeiro ano tamén haberá do 3 ao 5 de xaneiro. O horario é de 10:15 a 13:30 horas.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button