ConcellosÚltima hora

Manuel Agra afondará na figura de María Victoria Moreno no Barco o 15 de maio

Manuel Agra falará no Barco sobre María Victoria Moreno./ Foto: A.R.

Continúa a Semana das Letras Galegas no Barco. Tras o teatro do pasado vernes, a seguinte cita do programa terá lugar na tarde do 15 de maio na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán da vila. Ás 20:30h. o filólogo Manuel Agra Vilar, profesor de galego durante moitos anos no IES Martaguisela, impartirá a conferencia “María Victoria Moreno, compromiso coa literatura, con Galicia e coa vida”. Nela afondará na traxectoria creativa e vital da autora homenaxeada nas Letras Galegas do 2018.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button