PolíticaÚltima hora

Manuel Baltar presenta a súa candidatura á presidencia da Deputación

Facíao na mañá do 30 de marzo nun acto celebrado no Auditorio Ilduara ante os cabezas lista do PP ás vindeiras eleccións municipais na provincia

No Auditorio Ilduara de Celanova presentaba na mañá do 30 de marzo Manuel Baltar á súa candidatura á presidencia da Deputación polo PP. Facíao ante os candidatos populares ás vindeiras eleccións de maio (entre eles os da parte oriental da provincia) e ás eleccións xerais, e ante representantes do partido nas institucións, cargos orgánicos, militantes e simpatizantes.

Baltar amosaba a súa demanda dun cambio lexislativo para que os cidadáns podan elixir, directamente por sufraxio, aos presidentes das deputacións. “Nós somos transparentes diante dos electores –explicou- dicíndolles que das urnas non só saen os gobernos locais, senón tamén o provincial, polo que o lóxico é que a xente saiba que candidato presenta cada forza política e o que van facer nos próximos catro anos”.

Nesta liña, Manuel Baltar presentou a folla de ruta que seguirá no próximo mandato co Plan Ourense 72-73, “destinado aos ourensáns que residimos nos 7.273 quilómetros cadrados da provincia e para todos aqueles que sinten Ourense a centos ou milleiros de quilómetros do seu berce”. Un documento “autoesixente” que inclúe 122 medidas con retos concretos que desta volta non só incluirán o día, mes e ano de implantación, “senón tamén como novidade a hora na que farán realidade”.

O acto de presentación da candidatura de Manuel Baltar comezou coa intervención de José Luis Ferro, alcalde de Celanova, que como anfitrión destacou brevemente as potencialiades dunha vila marcada polo seu patrimonio e a cultura. Ferro puxo en valor o liderado de Manuel Baltar á fronte da institución provincial, “que grazas á súa xestión experimentou unha fonda transformación para afrontar os retos de futuro”.

Pola súa banda, o coordinador de campaña e secretario provincial do PP, Rosendo Fernández, asegurou que “ningunha formación política, nin ourensá nin galega, está en condicións de facer un acto como o de hoxe, presentando a un candidato á presidencia da Deputación 57 días antes das eleccións”.

En nome de todos os candidatos, Patricia Torres, aspirante á alcaldía de Boborás, aludía ao carácter  “cooperador da Deputación de Ourense”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button