PolíticaÚltima hora

Manuel Baltar, proclamado único candidato á presidencia do PP ourensán

A comisión organizadora tamén acordou dar por convocada a campaña electoral interna para a elección do presidente dos populares ourensáns

Reunión da comisión organizadora do 18º Congreso Provincial do Partido Popular de Ourense.

 

Na mañá deste mércores 4 de agosto, a comisión organizadora do 18º Congreso Provincial do Partido Popular de Ourense acordaba por unanimidade proclamar a Manuel Baltar como único candidato á presidencia da formación, tras comprobar, tal e como establece o artigo 22 do regulamento, “que o precandidato reúne os apoios estatutarios e regulamentariamente requiridos”, condicións entre as que figuran conseguir un mínimo de 75 avais entre os afiliados, estar adherido ao partido desde hai máis de 12 meses e estar ao corrente do pagamento das cotas e aportacións por cargo.

A proclamación de Manuel Baltar como único candidato implica que non se convocarán asembleas para a votación de precandidatos entre os afiliados inscritos.

A comisión organizadora tamén acordou dar por convocada a campaña electoral interna para a elección do presidente dos populares ourensáns.

Artigos relacionados

Back to top button