Manuel Baltar reúnese cos portavoces dos grupos políticos para preparar o pleno de organización da Deputación

O presidente provincial mantivo un encontro con Villarino (PSOE), Pácido Álvarez (PP), Caride (DO) e Montserrat Lama (Ciudadanos), para preparar a sesión plenaria de organización da Deputación de Ourense

A reunión que tivo lugar o 4 de xullo entre Manuel Baltar e os portavoces dos grupos políticos con representación na corporación provincial no mandato 2019-2023, tiña como obxectivo a preparación da sesión plenaria de organización, que se celebrará neste mes de xullo.

O presidente provincial e os representantes do Partido Popular, Plácido Álvarez; do Partido Socialista, Rafael Rodríguez Villarino; de Democracia Ourensana, Miguel Caride; e de Ciudadanos, Montserrat Lama, analizaron temas referidos ás dedicacións, persoal eventual, as axudas para o funcionamento dos grupos políticos e cuestiones relativas a organización e desenvolvemento dos plenos. O representante do BNG non puido asistir á reunión debido a problemas de axenda e a xuntanza quedou posposta para a vindeira semana.

 

Baltar co representante do PSOE, Rafael Rodríguez Villarino.

 

Reunión de Manuel Baltar con José Miguel Caride Dominguez, portavoz de DO.

 

Manuel Baltar durante a reunión con Montse Lama Novoa, de Ciudadanos.

 

O Presidente Deputación de Ourense con Plácido Álvarez, portavoz do PP.

 

Texto: Carlota Pérez de Juan Burgos

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies