Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Manuel Cabas, novo alcalde de Xinzo de Limia

O terceiro rexedor no que vai de ano neste concello ourensán foi elixido por 9 dos 17 votos posibles

Quince días despois da dimisión do anterior rexedor, Manuel López, o Concello de Xinzo de Limia conta xa cun novo alcalde.

O popular Manuel Cabas era elixido tralo Pleno extraordinario celebrado na mañá do 22 de agosto. A votación foi secreta, pero antes de comezar os candidatos dos partidos da oposición, Manuel Pérez Campos por Xinzo Adiante, Elvira Lama polo PSdeG-PSOE e Ramiro Rodríguez polo BNG expresaron e renovaron os motivos polos que se presentan a alcaldía. Tras as votacións, o elexido con 9 votos de 17 posibles foi Manuel Cabas do Partido Popular.

Tras a toma de posesión,o xa alcalde de Xinzo de Limia agradeceu a todos os veciños do Concello e convidou a todos os membros da oposición a “establecer unha boa relación para que Xinzo de Limia sexa cada día mellor”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button