CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Manuel Durán (Abertal) lembra a Florencio Delgado Gurriarán na Televisión de Galicia

 

Calquera ocasión é boa para lembrar a Florencio Delgado Gurriarán, a figura literaria á que por fin a RAG (Real Academia Galega) decidía adicar o Día das Letras Galegas 2022. E desta volta a lembranza viña da man de Manuel Durán, á fronte da recén creada Asociación Cultural e Xuvenil Abertal, na Televisión de Galicia.

Abertal actuaba no programa do Luar deste venres 2 de xullo, e antes de que o grupo de pandeireteiras comezase a tocar, Durán fixo partícipe a Gayoso, presentador do programa da TVG, da nova que viñan de recibir sobre o poeta valdeorrés que protagonizará As Letras Galegas do vindeiro ano.

Artigos relacionados

Back to top button