DeportesÚltima hora

Manuel García (Adas) despídese do atletismo cun récord galego en M80, tras 70 anos competindo

Manuel García, do Adas Cupa, tras proclamarse campión galego onte nos 100 e 200 M80./ Imaxe: FGA.

 

Celebrando un récord galego o atleta Manuel García Alfonso, do Club Adas Cupa do Barco, pon fin a unha dilatada carreira de 70 anos no mundo do atletismo. Onte disputaba o campionato galego máster en Lugo, no que batía o récord galego dos 200 metros na categoría M80, cunha marca de 46.10. Ademais proclamábase campión galego nesa distancia e tamén na de 100,

“Sinto moita alegría porque realmente conseguín bater este récord dos 200, que tiña na cabeza e por fin logreino”, confesaba este corredor asentado en Valdeorras, tras o campionato. Ao mesmo tempo, recoñecia certa “pena” ao despedirse dun deporte no que se iniciaba en Barcelona e que continuaba despois en Valdeorras, formando parte durante 30 anos do Adas, tras ser fichado polo seu presidente, Agustín González “Tinín”. “Son moitos recordos, moitas alegrías e moitos bos momentos”, recoñecía.

A Federación Galega de Atletismo (FGA) tamén rendía homenaxe a este atleta pola súa traxectoria cun vídeo que vén de colgar nas súas redes sociais.

Artigos relacionados

Back to top button