Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Manuel Mandianes presenta a súa primeira novela, “En Blanco”, na Biblioteca de Verín

Un home cruza o mundo por ideal e na selva colombiana confronta os seus soños cunha vibrante realidade. É a historia que narra na súa primeira novela o antropólogo e investigador ourensán Manuel Mandianes. Leva por título “En Blanco” e presentábaa na tarde do 8 de novembro na Biblioteca do Concello de Verín.

Se ben esta é a súa estrea literaria, Mandianes é autor dunha ducia de ensaios, entre ellos “Loureses un village de la Galice”, “El valle de Josefat”, “Las serpientes contra Santiago”, “Peregrino a Santiago”, “El fútbol (no) es así”, “Viaje sin retorno”.

Na presentación de “En Blanco” (Unomasuno editores), o seu autor estaba acompañado polo alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e por Manuel Pousada Bermúdez.

Fotos: Biblioteca de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button