EconomíaEconomíaÚltima hora

Manuel Manquiña, de “Águila Roja” á cervexería Ruxe Ruxe de Quiroga

O actor vigués fará un monólogo este sábado, 18 de marzo, a partires das 23:45 horas
O actor e humorista galego, Manuel Manquiña.

A cervexería Ruxe Ruxe continúa coa súa aposta pola cultura e o ocio e nesta ocasión faio da man de Manuel Manquiña, actor e humorista galego que chegará a Quiroga por primeira vez para deleitar ao público cos seus mellores monólogos.

Natural de Vigo, Manquiña comezou a súa carreira en programas humorísticos da TVG e en varios filmes pero foi  co seu papel en Airbag (1997) onde saltaría á fama co nomeamento ao premio Goya ao mellor actor revelación.

Con máis de 50 películas no seu currículo, este actor formou parte do elenco dalgúns dos títulos máis destacados do cinema español dos últimos anos como Torrente, el brazo tonto de la ley, O lápis do carpinteiro, Lobos de Arga ou Rey gitano, así como da última tempada da exitosa serie Águila Roja. Tamén ten interpretado e dirixido obras teatrais sendo actualmente personaxe fixo na  serie Era Visto! emitida polas noites na TVG.

Ten protagonizado monólogos de humor cos que anda de xira por teatros e salas de toda Galicia. Este sábado 18 de marzo fará parada no Ruxe Ruxe de Quiroga onde actuará a partires das 23:45h. A entrada 10 euros ata completar aforo.

Artigos relacionados

Back to top button