Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

Manuel Martínez encabeza a lista de Ciudadanos para o Concello da Rúa

A candidatura ás eleccións municipais do 26-M era presentada na tarde do 1 de maio

Cinco son as candidaturas que concorrerán ás eleccións municipais do 26 de maio para o Concello da Rúa: PSdeG-PSOE, BNG, PP, Cs e R.U.A. O Bloque Nacionalista Galego era a primeira en presentar a lista, antes incluso de saír publicada no BOP, e hoxe facíao a de Ciudadanos.

A formación laranxa concorre por primeira vez aos comicios no Concello da Rúa e faino cunha candidatura encabezada por Manuel Martínez García. Presidente da Asociación de Veciños de Vilela e membro do grupo de teatro A Ruada, o propio Manuel era o encargado de presentar ao equipo co cal optará á alcaldía. Facíao na tarde do 1 de maio nun acto que tiña lugar na Casa da Cultura, rodeado de simpatizantes e acompañado por Xan Rodríguez González, número 4 na lista de Ourense e 3º para o Congreso dos Deputados, que visitou A Rúa para darlle so seu apoio.

 

Manuel Martínez, cabeza de lista de Cs á alcaldía da Rúa.

 

Na súa intervención, Rodríguez González fixo referencia á importancia deste territorio xa dende a época romana, destacando o seu papel como nudo de comunicación sendo “un tramo onde os conquistadores fixaron unha pequena poboación inicial que foi medrando”; así como de terra de emprendedores, “de xente loitadora, con ganas de facer cousas e traballar como a que temos hoxe aquí, representada por esta facción política que é Ciudadanos”.

Tal como explicou Xan, Cs é un partido “formado principalmente por individuos cunha gran preparación, a maioría con carreira e quen non ten esa formación o que ten son ganas de traballar e de facer cousas e neste concello, presenta a Manuel Martínez García como cabeza de lista, acompañado por xente moi competente”.

 

Manuel Martínez e Xan Rodríguez, na presentación.

 

Xente preparada do ámbito da sanidade, da educación, do medio ambiente, da economía, de infraestruturas e tamén amas de casa, que Manuel foi presentando un a un, asegurando que a proposta de Ciudadanos é mellorar. “A Rúa sempre estivo aí, é un cruce de camiños, de moitos camiños e moitos pobos, e nós imos intentar que se recoñeza ese prestixio, que volva rexurdir este pobo que vai a menos. Sacalo do pozo no que nos meteron outras formacións”, dixo o candidato á alcaldía, destacando a fortaleza e vitalidade do seu equipo. “Quizais algúns deles non teñen tanta presenza e son menos descoñecidos por culpa dos seus traballos, pero son xente preparada para dar ese impulso a este concello”.

A creación de emprego para que a mocidade non teña que marchar, a reforma do PXOM aprobado hai catro anos pero que non se axusta á realidade do concello, a revitalización do pobo ou o aproveitamento do monte, son algunhas das apostas desta candidatura que segundo o seu líder “vai estar a disposición de todos vos, para escoitarvos, para que nos digades os problemas do día a día, porque só coñecendo os problemas poderemos darlle solución e sacar este pobo para adiante”.

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button