CulturaCulturaÚltima hora

Manuel Villanueva, director xeral de contidos de Mediaset España, recibirá a insignia de ouro das Xociviga

O galardón seralle entregado nunha gala que terá lugar o 1 de agosto no Auditorio do Carballiño
Manuel Villanueva, director xeral de contidos de Telecinco e Mediaset España.

En recoñecemento “á súa vinculación histórica ao desenvolvemento do audiovisual galego en xeral, e en particular ás primeiras edicións das Xociviga do Carballiño, colaborando na súa organización”, o xurado decidía outorgar a insignia de Ouro das Xociviga 2018 a Manuel Villanueva, director xeral de contidos de Telecinco e Mediaset España.

O xurado nomeado para outorgar este premio, adoptaba o acordo por unanimidade durante a reunión mantida na mañá do 20 de xullo no Concello. Conformaron dito xurado o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, como presidente; o concelleiro de Cultura, Diego Fernández, en calidade de secretario; e como vogais, María Dolores Veleiro, Ana Fumega e Carlos Rodríguez, en calidade de membros partícipes na organización histórica das Xociviga desde a súa creación en 1984.

O galardón seralle entregado durante unha gala especial das Xociviga que se celebrará o día 1 de agosto, ás 20h. no auditorio municipal Manuel María, sede do festival que este ano cumpre o 35 aniversario e que se desenvolverá do 29 de xullo ao 2 de agosto.

 

O cartel desta 35 edición das Xociviga é obra do deseñador carballinés Suso Obenza.

Artigos relacionados

Back to top button