ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Manuela Macía Sierra cumpre 101 anos na Residencia de Valdegodos (Vilamartín)

 

Neste 13 de xaneiro a residencia da terceira idade de Valdegodos (Vilamartín) vivía unha xornada moi especial e de festa. Unha das súas residentes, Manuela Macía Sierra, cumpría 101 anos. Celebrábao acompañada pola súa sobriña, o alcalde de Vilamartín, o persoal deste centro da terceira idade e dos demais residentes.

 

 

Non faltaba a tradicional tarta de cumpreanos, cuxas candeas sopraba con gran satisfacción Manuela, nin tampouco o brinde con cava. Nin, por suposto, os agasallos. Esta lonxeva vilamartinesa recibía un ramo de flores Concello e outro da residencia, entre outros regalos. Ademais o alcalde vilamartinés, Enrique Álvarez, entregáballe un diploma do Concello “desexándolle as amizades, máis de cen felicidades. Querendo, que siga ben, sumándolle anos aos CEN”.

 

 

Durante a celebración Manuela amosábase sumamente agradecida e desvelaba que o segredo para vivir tantos anos é “a tranquilidade, comer ben, xogar a brisca” e, sobre todo, “tomar café todos os días”.

 

Esta vilamartinesa pasou moitos anos vivindo en Barcelona, onde traballaba nunha céntrica tenda na que “vendín de todo menos comida”. Ten un fillo, Ramón Riera, que foi tenente de alcalde en Badalona no goberno de Xavier García Albiol.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button