ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Manzaneda abre o programa das Neves cunha animada festa ibicenca

Numerosas persoas asistían á cea popular coa que se inauguraban as festas que se estenderán ata o domingo

Vestidos de branco e nalgún caso con flores no pelo, os asistentes á Festa Ibicenca de Manzaneda celebrada no patio do colexio, degustaban un suculento menú coa paella como prato estrela ademais de embutidos, empanada, bebida, postre e café, servido por Mantesil. A música corría por conta de dj Cabra.

Con esta cea abríase o programa das festas na honra á Virxe das Neves que continuará hoxe, sábado día 5 pola mañá cun pasarrúas polo pobo da Banda de Gaitas de Manzaneda. Pola tarde e noite a música correrá por conta da orquestra Capitol, pechando a xornada os ritmos de dj Tariro. Durante a verbena realizarase o sorteo de agasallos das rifas que a comisión leva un tempo vendeo. Ao saír os gañadores tiraranse fogos de artificio (outra das novidades introducidas o ano pasado).

Mañá domingo 6 de agosto e derradeiro día de festas, haberá pasarrúas coa charanga Fuego que tamén actuará durante a misa solemne na honra á Virxe da Neves prevista para as 13:30h. e na sesión vermú. O baile, en sesión de tarde e verbena, correrá por conta da orquestra Ledicia que porá o broche musical ao programa deste ano. Ese día serán tamén as finais do XXXIX Torneo de Fútbol Sala Vila de Manzaneda.

Fotos: Carlos. G. Hervella.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

 

Artigos relacionados

Back to top button