En portadaÚltima hora

Manzaneda acolle en abril congreso galego de neve e montaña

O programa deste encontro presentábase en Ourense na mañá do 4 abril
O alcalde de Manzaneda, segundo pola esquerda, na presentación do congreso, xunto á directora de Turismo de Galicia, a delegada da Xunta en Ourense e o doutor Ulloa.
O alcalde de Manzaneda, segundo pola esquerda, na presentación do congreso, xunto á directora de Turismo de Galicia, a delegada da Xunta en Ourense e o doutor Ulloa.

En torno ás “Emerxencias en zonas agrestes” xirará a primeira edición do Congreso Galego de Neve e Montaña. Este foro está previsto para a fin de semana do 9 e 10 de abril en Manzaneda. Con el preténdese, “a través da participación directa e do debate consensuado, aglutinar a todos aqueles sectores e persoas relacionadas dalgunha maneira co mundo da neve e a montaña”, segundo a organización, en mans do Concello de Manzaneda e da súa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. O custe da inscrición é de 75 euros/persoa, pero no caso de inscricións conxuntas de 50 euros/persoa. O congreso inclúe unha serie de ponencias e mesas redondas impartidas por expertos e tamén, xa na xornada do 10 de abril, obradoiros e simulacros.

Este congreso, que terá lugar na estación de montaña de Manzaneda, presentábase na mañá do 4 de abril en Ourense coa presenza do alcalde de Manzaneda, David Rodríguez, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez, a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, e do doutor Antonio Ulloa, coordinador e ponente do foro.

Na presentación, a directora de Turismo de Galicia, destacaba que o deporte asociado ao turismo enriquece a experiencia dos que nos visitan e axuda a coñecer de preto algunhas das paisaxes máis espectaculares do noso destino.

Máis información na edición en papel de abril do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button