ConcellosÚltima hora

Manzaneda acolle unha exposición e un ciclo de cine sobre solidariedade internacional

A mostra poderá visitarse ata o 15 de agosto e os filmes proxectaranse na primeira quincena dese mesmo mes
Foto: Clemente Pérez
Foto: Clemente Pérez

Ata o vindeiro 15 de agosto poderá visitarse en Manzaneda a exposición “Influír no global desde o local: as entidades locais galegas perante un mundo desigual e inxusto”, promovida polo Fondo Galego de Cooperación, do que cal é socio o Concello de Manzaneda. Esta mostra, que estará instalada no espazo de lecer, amosa o papel dos concellos e das deputacións na cooperación para o desenvolvemento. Inclúe diversos paneis deseñados polo ilustrador Pepe Carreiro que fan un percorrido polo labor realizada ao longo dos anos polo Fondo Galego.

Ademais na primeira quincena de agosto proxectaranse tamén en Manzaneda catro filmes do ciclo “Mellora o mundo se melloramos nós”, con entrada de de balde.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button