En portadaÚltima hora

Manzaneda acollerá as VIII Xornadas sobre o Porco Celta

O programa, que se desenvolverá o 5 e 6 de decembro, inclúe unha mostra de artesanía
Pelando o porco durante a matanza tradicional en Manzaneda. /Foto: Mónica G. Bellver.
Pelando o porco durante a matanza tradicional en Manzaneda. /Foto: Mónica G. Bellver.

O cambio de data é a principal novidade das Xornadas Gastronómicas e de Recuperación do Porco Celta que este ano chegan á VIII edición pechando o ano. Organizadas pola Asociación Porco Celta de Manzaneda co patrocinio do Concello e o Inorde, a cita terá lugar a fin de semana do 5 e 6 de decembro nas inmediacións do pavillón polideportivo da localidade.

O programa arrancará en torno ás 11:30h. do sábado coa inauguración no interior do pavillón onde se instalarán a vintena de postos que formarán a Mostra de Artesanía que permanecerá aberta ata as oito da tarde. Trala apertura da mostra e o almorzo, dará comezo a matanza do porco celta que será posteriormente sorteado.

Mostra de artesanía en Manzaneda. /Foto: Mónica G. Bellver.
Mostra de artesanía en Manzaneda. /Foto: Mónica G. Bellver.

Á hora de xantar a cita será no restaurante O’Pendón que por 25 euros ofrecerá un cocido completo elaborado con carne de porco celta, criado na explotación que a asociación ten en Manzaneda. Xa pola tarde, representantes do Inorde e Asoporcel darán unha charla sobre porco autóctono.

O programa continuará ao día seguinte, domingo 6 de decembro coa apertura da mostra de artesanía en torno ás 10h. e só quince minutos máis tarde dará comezo o 6º concurso de cociña.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button