EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Manzaneda, ao ritmo dos cantos de bodega

Media ducia de grupos musicais iniciaban a partir das oito desta tarde un percorrido polos bares e adegas da vila

Na praza do Concello dábanse cita arredor das oito da tarde deste sábado 27 de abril os seis grupos participantes nesta nova edición dos “Cantos de bodega” de Manzaneda. Ademais de formacións locais, tamén había outras chegadas dende outras zonas como Valdeorras e Castro Caldelas.

A partir dese punto, os grupos, portando diferentes instrumentos, iniciaban un percorrido por sete locales da vila que concluirá na sede da Rebusca. Esta iniciativa está promovida polo Concello de Manzaneda en colaboración coas asociacións culturais A Rebusca e Os Bertolini.

Fotos: A.C. A Rebusca.

Galería de fotos en:
https://osil.info/os-cantos-de-bodega-de-manzaneda-en-fotos/

Artigos relacionados

Back to top button