ConcellosGalerías de fotosO Sil agosto 2016Última hora

Manzaneda celebra as festas na honra á Virxe das Neves

Música, cultos e deportes no programa organizado pola comisión entre o 5 e o 7 de agosto

Despois de dous días de festexos, Manzaneda chegaba ao terceiro e último día de festas na honra a Nosa Señora das Neves, o domingo 7 de agosto, o día grande. Unha xornada que incluía misa solemne e procesión coa imaxe da virxe seguida da sesión vermú a cargo da charanga Terras do Bibei. E pechando o programa a actuación do grupo Alcázar en sesión de tarde e noite.

De forma paralela, organizado polo Sporting Manzaneda F.S. celebrábase o XXXVIII torneo de fútbol sala “Vila de Manzaneda”, no que participaron en torno a unha decena de equipos de toda a bisbarra.

Máis información no Especial Festas de Agosto do Periódico O Sil.
Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button