DeportesÚltima hora

Manzaneda celebra o II Aberto de Billarda este xoves, 22 de agosto

O campionato comezará ás cinco da tarde no campo de fútbol do Poboado
Eros na I edición do Aberto celebrada o ano pasado. /Foto: Belén Dacosta.

Despois do éxito do ano pasado con 26 participantes, 20 homes e 6 mulleres (12 adultos e 14 menores de 18 anos), seis pertencentes á LNB e o resto afeccionados, Manzaneda celebrará este xoves 22 de agosto o II Aberto de Billarda.

Será ás 17h. no campo de fútbol do Poboado a carón da pista de tenis e colaboran na organización a Liga Nacional de Billarda; o Concello de Manzaneda; o supermercado Spar Express; o supermercado Cada Día; a cafetería Nevada; e o restaurante-hostal O Pendón.

 

Cartel do II Aberto de Billarda en Manzaneda.

Artigos relacionados

Back to top button