ConcellosManzanedaÚltima hora

Manzaneda dá a benvida a 10 refuxiados ucraínos

 

A primeira hora desta tarde chegaban a Manzaneda un grupo de 10 refuxiados ucraínos, acompañados por dúas das veciñas que máis se implicaron neste acollemento e por voluntarios de Protección Civil de Manzaneda.

Nesta vila eran recibidos por un grupo de veciños que lle daban a benvida cunha pancarta e tamén os axudaban a levar a súa equipaxe ata o albergue municipal, onde se aloxarán. Arestora todos eles están comendo no Bar Nevada.

En breve ampliarase información e galería de fotos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button