ConcellosManzanedaÚltima horaVídeos

Manzaneda despide o Nadal ao ritmo dos acordeóns

 

Co ritmo dos acordeóns do grupo Airiños da Porta Falsa completábanse os actos do programa de Nadal en Manzaneda. Esta agrupación musical actuaba a partir das 17h. desta tarde no Centro de Día da vila, nunha actuación que respectaba en todo o momento as medidas sanitarias fronte ao Covid.

 

 

Os músicos involucraban en todo momento ao público, que acompañaban cantando algúns dos temas. O animado concerto prolongábase con varios bises solicitados polo público aos que os acordeonistas respondían con máis música.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

Algúns dos momentos do concerto en vídeos

 

Artigos relacionados

Back to top button