ConcellosÚltima hora

Manzaneda despide á súa cantora da seitura

Ludivina Pérez Ricoy, de Soutelo, estaba considerada unha das maiores cantoras de cantos de seitura de Galicia
Ludivina Pérez na homenaxe que se lle tributara na Estación de Montaña de Manzaneda en agosto de 2009, no contexto do Campionato da Liga Galega de Bandas de Gaitas. Foto cedida por Xosé Lois Foxo.

Herdou os antigos cantares do seu pai, natural de Paradela (Manzaneda), e estaba considerada a maior cantora de cantos de seitura de Galicia. Coa súa impresionante voz Ludivina Pérez Ricoy de Soutelo (Manzaneda) ten cantado para diferentes artistas galegos e participado en diferentes gravacións, entre elas a do CD Gran Rapsodia de Aires Populares de Galicia da Real Banda de Gaitas, que serviu de agasallo de voda para o Rei Felipe VI e Leticia.

Esta cantora, de 86 anos, falecía este 21 de setembro. O seu funeral está previsto para a tarde do 22 de setembro e nel Xosé Lois Foxo interpretará o Himno do Antergo Reino de Galicia, “como derradeiro adeus á Cantora da Seitura”. Dela Foxo destaca as súas “entonacións, son tan arcaicas que calquera transcrición musical resulta inexacta, dada a estrutura melódica e a entonación dos seus cantares”.

Manzaneda despedirá a súa cantora, pero a súa arte quedará para sempre como un legado nos discos nos que participou e tamén no libro “Cantares da seitura de Manzaneda”, que “esperamos vexa a luz o próximo verán, e que servirá para salvar do esquecemento tanta cultura musical que mantiveron as serras de Manzaneda”, adianta Foxo.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close