EconomíaEconomíaÚltima hora

Manzaneda e Raigada recuperarán as súas feiras neste mes de xuño

Así se recolle no bando que vén de emitir este venres o seu alcalde, Amable Fernández

Posto de pulpo na feira de Raigada (Manzaneda), nunha imaxe tomada nun verán pasado./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Logo de varios meses sen celebrarse, o municipio de Manzaneda recuperará en xuño as súas feiras, que se celebran o día 8 en Raigada e o día 22 na vila, con postos de pulpeiras incluídos. Así se recolle no bando emitido neste 5 de xuño polo seu alcalde, Amable Fernández Basalo.

O rexedor toma esta decisión, tendo en conta a “Orde do Ministerio de Sanidade 399/2020, de 9 de maio, para flexibilizar determinadas restricións de ámbito nacional, establecidas tras a declaración do estado de alarma en aplicación da fase I do Plan para a transición cara unha nova normalidade” e visto “o artigo 10.6 que sinala que, cando así o decidan os concellos correspondentes poderase proceder á reapertura dos mercados que desenvolvan a súa actividade ao aire libre ou de venda non sedentaria na vía pública”.

Nese senso, o alcalde de Manzaneda, un concello que se mantivo libre de virus, anuncia a través deste bando que se abren de novo as feiras e mercados no concello, pero para poder celebralos deberán “cumprirse as condicións de seguridade, distanciamento entre postos, distanciamento entre as persoas, aforo, etc. esixidos polas autoridades sanitarias competentes”.

 

Artigos relacionados

Back to top button