ConcellosÚltima hora

Manzaneda fomenta a actividade física entre os nenos

Será a través dun proxecto extraescolar promovido dende o Concello e dende o CEIP
Nestas sesións os nenos traballarán co balón, entre outras actividades.
Nestas sesións os nenos traballarán co balón, entre outras actividades.

O 17 de xaneiro porase en marcha en Manzaneda unha actividade extraescolar enfocada ao fomento da actividade física e ao deporte entre os nenos e nenas de 3 a 12 anos. Ao longo destas sesións, que terán continuidade noutras xornadas, traballaranse varias cuestións moi importantes para o desenvolvemento dos cativos.

“Reforzaranse aspectos relacionados coa hixiene persoal antes e despois da práctica deportiva. Ademais, traballaranse os aspectos físicos dos cativos sempre de un xeito lúdico, a través de xogos, e adaptados as posibilidades e características de cada franxa de idade”, tal e como se informa dende o Concello de Manzaneda, promotor desta actividade xunto co CEIP desta localidade.

No decurso destas sesións tamén se incluirán “xogos orientados ao manexo do balón tanto do tren superior como inferior” e, ao mesmo tempo, abordaranse “valores como o traballo en equipo, a solidariedade, ou o esforzo”.

Esta actividade será impartida por un Técnico Superior de Animación de Actividades Físico-Deportivas que contará coa axuda dos mestres do CEIP Manzaneda.

Artigos relacionados

Back to top button