CulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Manzaneda brinca ao ritmo da Rebusca

O público disfrutou da música en directo, no festival organizado pola Asociación Cultural A Rebusca

Levaban un ano esperando e por fin, a mediados de novembro, os amantes da música en directo e do ambiente festivaleiro, tiñan unha nova cita na localidade ourensá de Manzaneda. Alí, a noite do venres 21 e do sábado 22, celebrábase unha nova edición da Rebusca de outono, un festival organizado pola Asociación Cultural A Rebusca que cada ano reúne a centos de persoas en torno á música máis festiva e potente do panorama nacional e internacional.

Dende casa, o venres os Cuchufellos de Manzaneda daban o pistoletazo de saída a dúas noites de música nas que tamén actuaron os granadinos Sonido Vegetal, os coruñeses Chotocoeu, os vigueses Zurrumalla, os portugueses Pás de Problème, os vascos Esne Beltza e os coruñeses Terbutalina. As sesións de Adri H e Brigada am Soundsystem baixaban o pano o venres e o sábado respectivamente.

A falta de facer balance, despois dunha intensa fin de semana, as primeiras valoracións da organización son positivas “en principio cumpríronse as expectativas, na liña de tódolos anos”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button