ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Manzaneda rende culto á Virxe das Neves

A misa deste domingo, 4 de agosto, estivo amenizada polo Orfeón Trivés

Dende o día 2 e ata o 5 de agosto, Manzaneda vístese de festa para honrar á Virxe das Neves, cun programa que inclúe multitude de propostas, entre as que destaca a música, xunto cos actos relixiosos ou a gastronomía.

Como xa é tradicional, a paellada popular e a festa ibicenca marcaban o inicio dos festexos o venres pola noite e hoxe, domingo 4 de agosto, a charanga Terras do Bibei poñía en marcha o día grande. Ás 13h. a procesión percorría a localidade coa imaxe da Virxe das Neves e a continuación celebrarase a misa solemne, cantada nesta ocasión polo Orfeón Trivés. Pola tarde haberá baile e logo verbena coa orquestra Tango.

As festas rematan mañá, 5 de agosto, coa actuación do grupo Chastton Show en sesión de tarde e verbena.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button