ConcellosManzanedaÚltima hora

Manzaneda rexistra un novo positivo de Covid e suma 2 casos

 

Continúan medrando os casos de Covid na comarca das Terras de Trives. Así nesta mañá o Concello de Manzaneda confirmaba a través dun comunicado a existencia dun novo positivo neste municipio, que suma así un total de 2.

“Este novo caso xurde a raíz de que esta persoa, por responsabilidade, se fai unha PCR pola súa conta o saber que tivera contacto con un positivo. Dende o primeiro momento se puxo en contacto con nós para dicirnos que dera positivo, e que se confinaba no seu piso de Ourense. Atópase asintomático dende o primeiro día. Aínda que este caso saltou fai uns días, non podíamos comunícalo sen ter a confirmación da Área Sanitaria, a cal chegou hoxe pola maña”, tal e como se informa dende o Concello de Manzaneda.

Ademais dende esta administración local desexáselle aos dous positivos “unha pronta recuperación. E tamen nos poñemos a sua disposición para axudar en todo o que podamos”. Así mesmo, incídese en lembrar a “importancia de manter as medidas preventivas contra o Covid-19 marcadas por sanidade”.

Artigos relacionados

Back to top button