ConcellosÚltima hora

Manzaneda, Río e Trives piden test de Covid-19 para as súas residencia de maiores

Mensaxe de ánimo no exterior da residencia de maiores de Trives./ Foto cedida.

 

A través dun comunicado conxunto, os concellos do PAC da área de Trives (A Pobra de Trives, Manzaneda e San Xoán de Río) veñen de solicitarlle á Xunta de Galicia a realización de “test de detección do COVID-19 nas tres residencias de maiores existentes nesta zona. A pesar das nosa insistencia, e tamén por parte da dirección desas residencias, seguen sen realizarse”.

Os Concellos de Trives, Manzaneda e Río sinalan tamén que “a anticipación e a prevención son a única maneira de salvar vidas nas residencias” e resaltan o “esforzo que están a facer os traballadores e os residentes”, indicando que isto “esixe unha resposta rápida por parte da Xunta de Galicia para garantir a súa saúde”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button