ConcellosManzanedaÚltima horaVídeos

Manzaneda sae á rúa para amosar o apoio ao seu veciño senegalés Mamadou

A veciñanza pide que as autoridades "competentes accedan a darlle a custodia da súa filla e así poder empezar unha nova vida"

 

A praza do Concello de Manzaneda convertíase a partir das 13:30h. desta tarde en escenario dunha concentración en apoio do seu “veciño e amigo” Mamadou, de orixe senegalesa, pedindo “que accedan a darlle a custodia da súa filla e así poder empezar unha nova vida”.

 

 

Con esta convocatoria, na que participaban persoas de todas as idades, búscase pedir ás autoridades competentes “unha oportunidade para unha persoa que leva con nós 3 anos e sempre demostrou ser un bo veciño”. Así se sinalaba na concentración na que un veciño de Manzaneda, Daniel explicaba que “sabemos que non foi fácil a súa vida e que cometeu erros polos que xa pagou a súa condea, pero tamén sabemos que es unha boa persoa, educada, traballadora e sempre disposta a dar axuda a calquera que o necesite, polo que cremos os veciños que estamos aquí que te mereces unha nova oportunidade, cremos que te mereces estar coa túa filla e que vas ser un pai exemplar. E confiamos en que as autoridade competentes tamén che dean a oportunidade de empezar unha nova vida coa túa filla Paula, aquí en Manzaneda, coa axuda de toda esta xente”.

 

 

https://youtu.be/bUuRb4z0AfQMoi emocionado polo respaldo dos seus veciños, Mamadou agradecía o apoio popular e o acto, que finalizaba cun longo aplauso de apoio a Mamadou, e confesa a tristeza polo momento que está a vivir.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button