Continúa en ascenso a curva do Covid en Manzaneda. Este municipio rexistra neste luns 42 casos activos de coronavirus, o que supón 16 máis que o pasado venres, segundo os datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte).
No resto da Área do PAC de Trives, o concello de Trives ten 6 positivos, 1 máis que o venres, mentres que San Xoán de Río está libre de virus dende o pasado 11 de febreiro.