ConcellosManzanedaÚltima hora

Manzaneda ten 2 positivos por Covid tras 6 meses libre de virus

 

 

Dende o Concello de Manzaneda vén de comunicarse a existencia de 2 positivos en Covid-19 no municipio. “Na mañá de hoxe a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras vén de comunicarnos que, despois de mais de 6 meses sen casos COVID, pasamos a ter 2 positivos no noso Concello”, tal e como se informaba a través das redes sociais.

Nese senso, o Concello de Manzaneda pídelle á veciñanza que “continúe pola senda que nos levou a estar sen positivos durante moitos meses nesta pandemia. Todos sabíamos que a posibilidade de ter novos casos era moi probable, pero se continuamos respectando as medidas impostas por Sanidade coma ata o de agora, seguramente os casos sexan en un número moi reducido”.

Así mesmo, dende o Concello e Protección Civil de Manzaneda póñense á disposición das persoas afectadas “para todo aquilo que poidan precisar”. Ademais agradecen “o comportamento exemplar” dos veciños e pídenlle “un último esforzo agora que a meta está tan cerca”.

Artigos relacionados

Back to top button