En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Manzaneda tínguese de branco na Festa Ibicenca

Preto de 300 persoas asistiron á paellada que abría as festas na honra á Virxe das Neves

Na noite máis calurosa do que vai de verán, Manzaneda abría as festas patronais cunha multitudinaria cea. Un total e 273 persoas asistían o 3 de agosto á festa Ibicenca no patio do colexio. Alí, vestidos de branco e nalgúns casos con flores no pelo, mozos e maiores desfrutaban dunha exquisita paella ademais de embutidos, empanada, bebida, postre e café, servido por Mantesil. A música corría por conta de dj Cabra. A verdade é que foi un éxito, a ver se o ano que vén chegamos ás 300″, di Jacobo dende a comisión de festas.

O programa das festas na honra á Virxe das Neves continuará hoxe, sábado día 4 pola mañá cun pasarrúas dos Bertolini e misa soelmne cantada polo coro Voces de San Martiño. Pola tarde e noite a música correrá por conta da orquestra Kubo, pechando a xornada os ritmos de dj Tariro. Durante a verbena realizarase o sorteo de agasallos das rifas que a comisión leva un tempo vendeo.

Mañá domingo 5 de agosto e derradeiro día de festas, haberá pasarrúas coa charanga Fuego que tamén actuará durante a procesión prevista para as 13h. O baile, en sesión de tarde e verbena, correrá por conta da orquestra Ledicia que porá o broche musical ao programa deste ano. Ese día serán tamén as finais do IL Torneo de Fútbol Sala Vila de Manzaneda.

Fotos: Carlos. G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button