DeportesÚltima horaVídeos

Manzaneda ultima os preparativos para a apertura total como “unha estación para toda a familia”

Unha vez que reabra as portas este sábado 12 de xuño, xa non as pechará. Do 24 xuño ao 12 de setembro permanecerá aberta os 7 días da semana; e o resto do ano, abrirá de venres a domingo, e tamén os festivos

 

Unha familia na terraza da Tasquiña.

 

Tras meses de traballo e probas para a posta a punto e sobre todo unha esperda e exitosa preapertura parcial, a Estación de Montaña Manzaneda prepárase para a apertura total este sábado, 12 de xuño.

E farao sen neve nin luvas, gorros ou esquís, máis ben con todo o contrario: altas temperaturas e roupa lixeira para gozar das actividades e servizos que ofrece a Estación de cara ao verán nunha paraxe natural única a case 1.800 metros de altitude.

“Quen visite o sábado a Estación de Montaña Manzaneda atoparase a mesma beleza natural que no inverno, pero cuns cuantos graos máis e reconvertida nun parque de aventuras con actividades tan variadas e novas como o circuíto de iniciación á orientación, o tiro con arco, o circuíto slackline ou a espectacular tirolina xigante de 250 metros de descenso a 45 quilómetros por hora, a piscina e o spa, os roteiros dacabalo ou parque multiaventura para os máis pequenos”, explican dende a empresa concesionaria, Artabria Turismo, adiantando que son só uns cuantos exemplos das actividades que se poderán levar a cabo a partir da apertua oficial, despois de que nos últimos meses realizase un incesante traballo de reparación e acondicionamento das instalacións. “Todos os servizos da estación estarán operativos desde entón, incluído o aloxamento”, aseguran.

Dende Manzaneda aseguran que na preapertura das dúas últimas fins de semana “o bike park e as viaxes ilimitadas en telecadeira conseguiron atraer a decenas de visitantes chegados non só das catro provincias galegas, senón tamén de León ou Portugal”, polo que coa apertura integral do sábado pretenden demostrar que “na Estación de Montaña Manzaneda pódese gozar dun lecer seguro e en familia, aínda que non haxa neve, aínda que no inverno o esquí seguirá sendo o prato forte”.

 

Bikers no telecadeira.

 

para iso, a partir do sábado tamén estará dispoñible o aloxamento a través dos apartamentos da estación (con categoría de 3 chaves e recentemente renovados, que dispoñen de salón-dormitorio, cociña amoblada e baño privado) ou nos albergues Bibei e Queixa, con case 150 prazas dispoñibles, aínda que “para esta primeira fin de semana de apertura, os aloxamentos só poderán reservarse a través da propia Estación, chamando por teléfono”, puntualizan. En canto aos servizos de hostalería, a partir do sábado os usuarios non só poderán gozar da Tasquiña senón tamén do restaurante autoservizo, que inclúe un menú buffet onde haberá diferentes pratos para todos os gustos e dietas, e da cafetería.

“Estas son as actividades que estarán dispoñibles a partir do sábado, 12 de xuño, aínda que a intención é incluír unha nova cada fin de semana, e unha vez que a estación abra de novo as súas portas xa non as pechará”, aseguran. Así, desde o 24 xuño ata o 12 de setembro a estación de montaña permanecerá aberta con todas as súas instalacións e servizos operativos os 7 días da semana. E o resto do ano (desde setembro ata finais de xuño), durante todas as fins de semana, desde o venres, e festivos.

As entradas podrán adquirirse anticipadamente a través de la página web http://manzaneda.com ou no despacho de billetes da Estación, en horario de 9:30 a 16:30 horas.

 

Artigos relacionados

Back to top button