ConcellosGalerías de fotosManzanedaÚltima hora

Manzaneda, unha vila medieval entre soutos de castiñeiros

 

Son moitos e moi variados os motivos para visitar Manzaneda. Entre eles están os seus fermosos e engaiolantes espazos naturais de montaña, en pleno Macizo Central, nos que se conservan milenarias árbores como é o caso do Castiñeiro de Pombariños, moi preto da vila.

Ademais, de natureza, Manzaneda é un lugar cargado de historia. Parte dela pode desfrutarse percorrendo o seu casco antigo, de estreitas rúas e casas de pedra, cruzando a porta da vila ou descubrindo os restos da súa muralla.

 

Porta da vila de Manzaneda./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

E, por suposto, Manzaneda é un lugar onde gozar da gastronomía e do viño, nun territorio amparado pola Denominación de Orixe Ribeira Sacra, nos seus establecementos de hostalaría.

Tampouco faltan propostas dirixidas aos máis pequenos. Así, dende mediados de xullo está funcionando o campamento urbano “Concilia verán” (para nenos de 4 a 13 anos). As súas actividades, nas que se aplican de maneira estrita as medidas de seguridade fronte ao Covid-19, teñen lugar durante as mañás no pavillón polideportivo. Prolongarase ata o vindeiro 28 de agosto.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button
Close