CulturaCulturaEntroido 2022MúsicaÚltima hora

“Mar de Terra”, a viaxe de Kepa Junkera polo Entroido galego, o mércores en Viana do Bolo

Tras proxectarse este luns en Vilariño, este documental poderá verse o día 2 de marzo na Casa da Cultura vianesa

O realizador ourensán José Antonio Blanco, na presentación de “Mar de Terra” en Vilariño de Conso./ Foto cedida.

 

A Casa da Cultura de Viana do Bolo acollerá o vindeiro Mércores de Cinsa, 2 de marzo, a proxección do documental “Mar de Terra”, no que Kepa Junkera conduce ao espectador polo interior desta tradición nas provincias de Ourense e Lugo, deténdose en Entroidos como os de Viana do Bolo e amosando como se viste a súa figura máis emblemática, o Boteiro.

O filme poderá verse a partir das 19h. e, ademais, neste acto poderá adquirirse adquirirse o dvd do filme, que saía á rúa neste Entroido, por un prezo de 10 euros.

Este documental, con música orixinal de Kepa Junkera, proxectábase esta tarde na Casa do Concello de Vilariño de Conso, onde tamén se gravaba a tradición dos folións, contando coa presenza do seu director, o realizador ourensán José Antonio Blanco, que tamén estará o mércores en Viana.

 

Asistentes á proxección de “Mar de Terra” en Vilariño de Conso./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button