EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Mara Martín e Fragas do Lecer, ganadores na Cata popular de Monterrei

Celebrábase no marco da Feira do Lázaro e estaba guiada polo sumiller Nacho Costoya
A cata foi dirixida por Nacho Costoya.
A cata foi dirixida por Nacho Costoya.

O sumiller Nacho Costoya guiaba a fin de semana do 21 e 22 de marzo a Cata Popular da D.O. Monterrei, celebrada no marco da Feira do Lázaro. Nela participaban un total de 14 mostras de viño branco e 8 de tinto desta denominación de orixe ourensá. As puntuacións do público participante convertían ao Mara Martín (da adega Terras do Cigarrón S.C.G.) e ao Fragas do Lecer (da adega Boo Rivero S.A.T.) ao mellor branco e tinto, respecticamente, do certame.

Antes de cada sesión de cata Previo o sumiller Nacho Costoya realizaba un pequeno seminario de introdución á cata, explicando a metodoloxía, as fases e principais aspectos a valorar nos viños. “Como resultado cada catador puido rexistrar a valoración das mostras nunha ficha de cata tipo, asignando unha puntuación total a cada viño participante na cada”, segundo se informa dende o consello regulador. Do promedio de todas as puntuaciones concedéronse dous premios: o do mellor branco mellor valorado polo público e un segundo premio ao viño tinto con mellor puntuación.

Nela valoráronse 14 mostras de viño branco e 8 de tinto.
Nela valoráronse 14 mostras de viño branco e 8 de tinto.

Na cata valoráronse mostras de diferentes colleitas e tipoloxías de elaboración, e coa súa celebración perseguiuse un dobre obxectivo, por unha banda un de carácter didáctico para así poder familiarizar ao público coa cata de viños; e en segundo lugar, facer un pequeno estudo para coñecer as preferencias do consumidor.

A cata organizábase en tres grupos. Dous deles estaban destinados á valoración de brancos e un terceiro á análise exclusiva das oito mostras de viño tinto participantes. Todos os viños foron valorados en cata a cegas, asignando unha numeración a cada mostra, e mantendo o anonimato dos viños.

Artigos relacionados

Back to top button