CulturaCulturaÚltima hora

Maratón de lectura do Quixote e actuación de Magín Blanco, na biblioteca ruesa

Ademais durante a segunda quincena de abril pode visitarse unha mostra de marcapáxinas neste mesmo espazo
Cartaz do maratón de lectura na Rúa.
Cartaz do maratón de lectura na Rúa.

Con lecturas, moitas lecturas se celebra o Día Internacional do Libro no Concello da Rúa. O día 23 terá lugar na biblioteca pública un maratón, aberto a todos os públicos, de lectura centrado no libro “Don Quijote de la Mancha”. Desenvolverase entre as 10h. e ás 13:30h. Ademais haberá un photocoll con Don Quixote e Sancho a lombos de Rocinante e Rucio, no que os máis cativos poderán sacarse fotos.

Magín Blanco traerá o seu espectáculo "LIbros En-cantados" á Rúa.
Magín Blanco traerá o seu espectáculo “LIbros En-cantados” á Rúa.

As actividades para conmemorar o Día do Libro na Rúa continuarán o 25 de abril coa actividade “Libros En-cantados” da man do rues Magín Blanco. Será ás 12h. na biblioteca e está dirixido a nenos e nenas a partires de 3 anos. Este acto forma parte do programa “Ler conta moito”. Deste xeito completarase o chamado “Mes do Libro” na Rúa, que tamén incluía a celebración do Día do Libro Infantil e Xuvenil coa mostra “Os animais nos contos” e coa actividade “Pinta o teu animal de conto” para os nenos de infantil e primaria. Asemade durante a segunda quicena de abril pode visitarse unha interesante e singular mostra de marcapáxinas na Biblioteca Pública da Rúa.

Artigos relacionados

Back to top button