En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Marcha cicloturista dos alumnos do CEIP Otero Pedrayo de Viloira

Esta iniciativa, que se organiza por primeira vez neste colexio, forma parte do Plan Proxecta Mobilidade Sostible e Segura

Pasadas ás dez e media da mañá do 2 de xuño os alumnos do colexio Otero Pedrayo de Viloira (O Barco) reuníanse no exterior do centro montados nas súas bicicletas. Minutos despois, e precedidos pola Policía Local iniciaban unha marcha cicloturista rumbo ao polígono da Raña.

A actividade estaba aberta a todos os escolares do centro, xunto con profesores, e os máis pequenos ían acompañados dos seus pais. Tras saír do colexio, cruzaban a ponte de San Fernando e dirixíanse, polo casco antigo ata o Malecón. Dende alí xa enfiaban ata o polígono, onde tiñan previsto dar a volta para regrasar, pola outra beira do río, ata o CEIP.

Esta é a primeira vez que o centro organiza unha actividade deste tipo, que forma parte do Plan Proxecta Mobilidade Sostible e Segura. Con esta iniciativa colaboraban a Policía Local, Protección Civil e a Cruz Vermella.

Fotos: Ángeles Rodríguez/ Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button