En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Marcha con raquetas de neve ata a Lagoa de Ocelo, en Trevinca

 

Dende Ponte (A Veiga) ata a Lagoa do Ocelo, no Macizo de Trevinca. Este era o percorrido da marcha con raquetas de neve que se organizaba dende Terras Alta de Trevinca na mañá deste domingo, 6 de decembro. O traxecto era duns 10 km cun desnivel duns 1.000 m.

A marcha estaba limitada a 8 participantes e contaba con dous guias. “Resultou un día espectacular, con 20-40 cm de neve, segundo ía aumentando a cota. A xente marchou encantada coa experiencia das raquetas de neve e coa paisaxe nevada que nos brindaron as montañas de Trevinca”, destacan dende a organización.

Fotos: Terras Alta de Trevinca.

Artigos relacionados

Back to top button