DeportesÚltima hora

Marcha nocturna ata as lagoas glaciares de Trevinca

Unhas 70 persoas participaron na VI Noite “entre lobos e estrelas” organizado polo Concello da Veiga e TREVIHOST

“Entre lobos e estrelas” e baixo a lúa chea, un numeroso grupo de montañeiros percorría, na madrugada do 1 ao 2 de agosto, o Macizo de Trevinca, camiñando pola noite ata as lagoas glaciares da Serra da Calva. Eran os participantes (uns 70 entre camiñantes e membros da Garda Civil) na VI Noite organizada polo Concello da Veiga coa colaboración da Asociación de Turismo e Hostalaría de Trevinca (TREVIHOST).

O programa arrancaba cunha cea colectiva na Veiga e a explicación aos asistentes sobre o percorrido e características do terreo. Tralo desprazamento en autobús ata o punto de partida, a marcha comezaba en torno á unha da madrugada no Alto das Tablillas a 1.529m. A partires de aí, os sendeiristas, percorreron o concello de A Veiga ao longo de lugares tan fermosos e emblemáticos como a Lagoa do Currais, Sextil da Calva, Lagoa de Ocelo, Lagoa da Serpe, O Fial e A Ponte, aldea na que finalizaba a marcha en torno ás dez da mañá.

En total foron uns 22,150 quilómetros pola alta montaña galega, cun tempo aproximado de realización dunhas 8 horas.

Dende a organización sinalan que todo saíu segundo o previsto e apenas houbo evacuacións, normais neste tipo de probas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button