Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Marcha nórdica para facer o Camiño de Santiago dende Ourense

Asesou e a Escola Ourensá de Marcha Nórdica organizaron unha marcha en cinco etapas que comezou na cidade das Burgas

 

Andar cuns bastóns especialmente deseñados co obxectivo de optimizar o esforzo físico realizado no movemento bio-mecánico do corpo ao camiñar. Niso consiste basicamente a marcha nórdica, unha disciplina que ofrece unha maneira sinxela, natural e moi eficaz de mellorar a propia condición física e tonificar a musculatura, independentemente do xénero, idade e preparación física. Se a iso lle engadimos o descubrimento de paisaxes e zonas únicas, dá como resultado unha actividade moi completa en todos os sentidos.

 

 

Por iso, Asesou e a Escola Ourensá de Marcha Nórdica organizaron unha marcha en cinco etapas para realizar o Camino de Santiago. A primeira etapa celebrada o sábado 11 de xaneiro tivo saída nos soportais do Concello de Ourense e meta na localidade de Cea. A segunda celebrarase o 15 de febreiro, dende Cea ata Dozón.

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button