DeportesÚltima hora

Marcha polo Camiño de Inverno, o 2 de setembro da man do Club Peña Trevinca Barco

A andaina, de 28 quilómetros, sairá dende As Médulas ata O Barco de Valdeorras
A ruta sairá das Médulas.

O Club Peña Trevinca Barco propón unha nova marcha para o vindeiro 2 de setembro. Trátase da 2ª etapa do Camiño de Inverno a Santiago, que estará coordinada por Miguel de la Cal con saída dende as Médulas e meta na pasarela peatonal do Paseo do Malecón no Barco de Valdeorras.

Tal como informan dende o club un autobús saíra do Barco ás 7:30h. con destino ao punto de inicio da ruta, o aparcadoiro das Médulas, para dende alí, completar a distancia total de 28 km. “O bus estará en Puente de Domingo Flórez e en Sobradelo por se alguén non quere seguir andando, así cada un pode facer a etapa que considere segundo a súa condición física nese momento”.

Segundo a previsión a ruta pasará por Salas ás 9h. (4,6km), por Puente de Domingo Flórez ás 10h. (8,5km), Pumares ás 11:30h. (14km), Sobradelo ás 12:30h. (19km) e Éntoma ás 13:30h. (22km) con chegada ao Barco como máximo ás 15h.

Máis información e inscricións, no WhatsApp 626 441 175 ou no correo electrónico delacal62@gmail.com. A data límite será o xoves 30 de agosto. O prezo do autobús é de 8 euros para os socios e de 12 para o resto.

 

Artigos relacionados

Back to top button