DeportesÚltima hora

Marcos Arias pesca unha troita de 4,2 kg en Quereño (Rubiá)

Marcos Arias Fernández amosa a troita de 4,200 kg.

O río Sil segue agochando verdadeiros tesouros piscícolas. Se non que llo pregunten a Marcos Arias Fernández que na tarde do 15 de abril pescaba unha fermosa troita de 4,2 kg ao seu paso polo concello de Rubiá, entre Quereño e Sobredo.

Marcos asegura que todos os anos colle algún exemplar de 2 kg e este ano pescou xa algún de 3 pero facerse coa de máis de 4 kilos foi toda unha fazaña. Non só polo tamaño senón porque a pescou a perdigón. “É un anzól moi pequeno e o sedal de dous quilos e medio, unha cana moi pequena, e ademais abriron as comportas xunto nese momento e tardei 45 minutos en sacala. Ao final xa non sentía os brazos”, explica.

A recompensa a tanto esforzo, foi a lustrosa troita que Marcos levou para casa xunto a outras tres de tamaño máis reducido.

 

Ademais da grande, Marccos fíxose con outras tres troitas máis pequenas.

Artigos relacionados

Back to top button