ConcellosO BarcoÚltima hora

“Mares Circulares” chega ao Barco cunha xornada de limpeza do río Sil o 26 de novembro

A actividade, organizada por Coca-Cola España, realizarase de 10:30 a 13 horas na marxe do río a carón do Campiño, en Viloira

Xornada de limpeza de “Mares Circulares”, nunha praia.

 

Ante o actual modelo económico de producir, usar e tirar, a todas luces insostible, cada vez é máis urxente curvar esa liña cara un modelo circular, no que os residuos se reintegren no sistema para xerar valor económico, social e ambiental, e deixen de contaminar as nosas costas, mares e ríos.

Consciente da necesidade deste cambio de paradigma, hai tempo que Coca‑Cola en España pasou á acción, poñendo en marcha diversas medidas e iniciativas para acabar coa contaminación mariña e promover a transición cara a unha economía circular. Unhas delas é “Mares Circulares”, lanzada en 2018 cun triple obxectivo: limpar costas, espazos protexidos e fondos mariños de España e Portugal, fomentar a reciclaxe e impulsar a economía circular.

Tal como explican dende a organización, dende entón lévanse realizado máis de 200 intervencións de limpeza en praias e contornas acuáticas, integrando a máis de 1.000 entidades colaboradoras (Concellos, escolas, organizacións privadas, clubs marítimos, etc.) e, contado coa axuda de 18.000 voluntarios, conseguiron recoller 1.411 toneladas de residuos en España e Portugal, “formado e sensibilizado a máis de 61.000 persoas”, entre outras acccións.

 

 

A limpeza de praias e contornas acuáticas é un dos tres piares que conforman o proxecto “Mares Circulares” que agora chega a Valdeorras, cunha limpeza no río Sil ao seu paso polo Barco prevista para o vindeiro venres 26 de novembro, cun programa a desenvolver en horario de mañá.

O punto de encontro será o parque do Campiño de Viloira, entre as 10:15 e as 10:30 horas e a esa hora comezará a actividade propiamente dita cunha pequena charla de sensibilización a cargo da Asociación Chelonia. De seguido procederase á entrega de material para limpeza (luvas,bolsas, gorra e poncho para cuvia en caso necesario), comezando a limpeza pola marxe do río en torno ás 10:50 horas. A xornada remartará en torno ás 13 horas no mesmo Campiño, onde os asistentes compartirán  un momento de encuentro con  picnic (entregado en bolsa Coca-Cola feita cos botellas recollidas na edición anterior), pesaxe e segregación de residuos para posterior reciclaxe.

Para colaborar coa recollida de residuos (ata un máximo de 60 persoas) os interesados deden inscribirse enviando un correo eléctronico a: mtroncoso@ccep.com ou marescircularesriosil@gmail.com.

Artigos relacionados

Back to top button